Concello de Narón
Novas
O CONCELLO AMPLÍA OS MÉRCORES O HORARIO DAS SESIÓNS DE NADO LIBRE NA PISCINA DO COMPLEXO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DA GÁNDARA
O edil de Deportes, José Oreona, avanzou que dende esta semana se habilita un novo turno de 13.15 a 14.00 horas que tamén require cita previa
Narón, 30 de novembro de 2020. O concelleiro de Deportes, José Oreona, anunciou que a partir do vindero día 2 de decembro, se ampliará o horario das sesións de nado libre os mércores, concretamente no horario de 13.15 a 14.00 horas. As persoas que desexen acudir poden reservar cita previa chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2503) ou no 981 387 522. As sesións de nado libre desenvólvense de luns a domingo, a partir das 8.15 e as das 15.15 horas, en función da dispoñibilidade do vaso –donde tamén se imparten cursos de natación- e teñen unha duración de 45 minutos. A piscina terapéutica, no mesmo complexo deportivo municipal, permanece tamén operativa, se ben tan só pode acudir unha persoa por turno e con cita previa, chamando aos teléfonos anteriormente indicados. As persoas que acudan deberán cumprir con todas as medidas sanitarias en vigor e as indicacións realizadas polo persoal das instalacións, tal e como recordou Oreona.
www.naron.es