Concello de Narón
Novas
III TROFEO DE RALLY GAME NO CIRCUITO DE RIO DO POZO
Os pilotos se disputarán 8 horas de resistencia cos vehículos de radiocontrol.
Narón, 6 de Agosto de 2010.- O Circuito de Automodelismo de Río do Pozo (situado frente ó Punto Limpo Municipal) acollerá o sábado 7 de agosto o III Trofeo de Rally Game, no que os pilotos se disputarán 8 horas de resistencia cos seus vehículos de radiocontrol. Os entrenamentos comenzarán ás 9:00 horas, e o inicio do trofeo está previsto para as 12:00 horas. O evento está organizado polo Clube de Radiocontrol RC Narón, en colaboración co Padroado de Deportes de Narón. O Circuito de Automodelismo de Río do Pozo foi inaugurado polo goberno municipal en novembro do ano 2009, sendo a día de hoxe o único destas características na comarca de Ferrolterra, e un dos poucos existentes na provincia. O circuito dispón de 400 metros de pista, ubicada unha parcela que ronda os 4.000 metros cadrados e que dispón dun mirador para que os seguidores deste deporte poidan contemplar a súa práctica.
www.naron.es