Concello de Narón
Novas
APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL DE A GÁNDARA PARA BAÑOS LIBRES
A partires do luns 13 de setembro.
Narón, 10 de Setembro de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, informou hoxe de que o Concello abrirá a piscina cuberta climatizada do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara o vindeiro luns 13 de setembro, para a actividade de baño libre. Iníciase así a temporada 2010-2011 da piscina municipal, que estará aberta ós usuarios en horario de 08:00 a 13:15 e de 15:15 a 23:00 horas de luns a venres. Os sábados e domingos haberá horario continuado de 08:30 a 20:30 horas. A partir do día 1 de outubro comenzará a programación normal da escola deportiva municipal de natación, ademáis das actividades do ximnasio e pavillóns. Tamén iniciarán a súa andaina as escolas de remo, tenis de mesa, xadrez, patinaxe artística e baloncesto, e as escolas conveniadas de fútbol, fútbol sala, atletismo, ximnasia rítmica, balonmano, tiro con arco, voleibol e kárate. A escola de tempo libre comenzará o vindeiro día 1 de novembro.
www.naron.es