Concello de Narón
Novas
O ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO ACOLLEU O CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO
Dirixido ás categorías de junior e cadete, celebrouse o dia 25 de setembro.
Narón, 1 de Outubro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, entregaron os trofeos correspondentes ó Campionato Galego de Atletismo, celebrado no Estadio Municipal de Río Seco o pasado día 25 de setembro. En total participaron 8 equipos masculinos e 8 femininos, cada un dos cales competíu con 1 atleta. Disputaron o título de Campión Galego de cada categoría (junior e cadete). Representando á provincia de A Coruña estivo o Clube de Atletismo Sierra de Narón, que participou nas categorías cadete mulleres, junior mulleres, e junior homes. As probas tiveron lugar en xornadas de mañá (de 11:00 a 14:00 horas) e tarde (de 16:30 a 19:30 horas). En conxunto, participaron perto de 500 atletas. O Campionato Galego de Atletismo estivo organizado pola Federación Galega de Atletismo, en colaboración co Padroado de Deportes e o Clube de Atletismo Sierra de Narón. A Concelleira de Deportes agradeceu á Federación que tivera elexido á cidade de Narón para desenvolver este evento deportivo de grande nivel. Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, agradeceu ó Concello de Narón e ó Clube Sierra Narón o seu apoio para que a cidade poidese acoller, dez anos despois, o segundo Campionato Galego de Atletismo, clasificatorio para o Campeonato de España.
www.naron.es