O PADROADO DE DEPORTES CREA UNHA ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE PATINAXE ARTÍSTICA
Poderán participar nesta actividade @s nen@s maiores de 5 anos de idade.
Narón, 13 de Outubro de 2010.- O Padroado de Deportes de Narón ven de estrear unha nova escola municipal, dirixida á ensinanza deportiva en idade escolar. Trátase da Escola de Patinaxe Artística, que terá unha periodicidade anual, de 1 de outubro ó 30 de xuño cos descansos establecidos en Navidades e Semana Santa.
O lugar de impartición das clases será no Pavillón de Piñeiros, sito na Estrada de Castela –ó carón do Colexio Público de Piñeiros- e os horarios son os martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas.
As inscripcións ou a información sobre esta actividade se realizarán nas oficinas do Complexo Polideportivo da Gándara, en horario de mañá, ou chamando ó teléfono 981 387 522. A idade mínima para participar na Escola de Patinaxe Artística é de 5 anos.
A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, valorou moi positivamente a posta en marcha desta nova escola deportiva, dado o interese mostrado na cidade pola práctica desta actividade.