Se celebra o sábado 30 de outubro no Pavillón Polideportivo As Lagoas, onde participarán 14 clubes.
Narón, 29 de Outubro de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o IX Trofeo de Tiro con Arco “Cidade de Narón” que se celebra mañá sábado no Pavillón Polideportivo das Lagoas, organizado polo Club Arco Narón en colaboración co Padroado de Deportes de Narón.
Agárdase a participación de 14 equipos, que serán os seguintes: Club Arcteixo, Club Cambre, Club Boa Vila, Club Castelarco, Club Arco Ferrol, Club Silex, Club Universitario, Club La Garrocha, Club Lumelar, Club 2 x 70, Club Arco Hércules, Club Arq. De Colmenar, Club Meigaarco, e Club Arco Barco.
Os equipos competirán en tódalas categorías, tanto masculinas como femininas. O trofeo iniciarase ás 15:00 horas, e rematará sobre as 21:00 horas, onde se fará entrega dos trofeos ós gañadores nas diferentes categorías, por parte da Concelleira de Deportes.
Natalia Hermida recoñeceu o enorme esforzo que fai o Club Arco Narón por levar a cabo a práctica desta disciplina, toda vez que non dispoñen dun espazo ó aire libre onde poder practicala senón que o fan nos pavillóns deportivos. “Agardamos poder poñer á súa disposición un espazo público aberto no futuro”, recalcou a edil.
O presidente do Club Arco Narón, Anxo Grandal, e o vicepresidente e entrenador Francisco Javier Area, explicaron que o Trofeo contará con probas en tódalas categorías. “Instalaremos 24 parapetos, para poder competir en diferentes categorías e modalidades ó mesmo tempo”; sinalou o presidente, destacando a complexidade organizativa desta proba.
A Concelleira de Deportes tamén fixo mención á enorme calidade deportiva dos integrantes do Club Arco Narón, onde entrena Iria Grandal que este ano conseguíu tres podios a nivel nacional.