Concello de Narón
Novas
XII CAMPIONATO DE XADREZ 'CIDADE DE NARÓN' NO C.C. DOLCE VITA ODEÓN
Se celebra os días 5 e 6 de novembro, coa participación de 10 clubes deportivos.
O vindeiro 5 de novembro, e 6 de novembro, sábado, celebrarase no Centro Comercial Dolce Vita – Odeón – Narón o XII Campionato de Xadrez Cidade de Narón, organizado polo Club Círculo Xadrez de Narón e coa colaboración do Padroado de Deportes. Os equipos participantes serán os seguintes: - Club Circulo Xadrez de Ferrol - Club Casablanca Ferrol - Club Escola Ferrolá de Xadrez - Club Sta.María de Caranza Ferrol - Club Bazán de Xadrez - Club Viveiro de Xadrez - Club Alexandre Bóveda Coruña Xadrez - Club Círculo Xadrez de Narón - Club Xadrez de Ortigueira -Club Xadrez de Pontedeume A Compeción será individual con xogadores dos equipos participantes en todas as categorías, tanto femininas como masculinas: O venres día 5 disputarase un torneo independente, de partidas rápidas, que servirá como presentación e apertura do campeonato Cidade de Narón. O sábado día 6 terá lugar o campeonato dende as 10,00 horas ata as 20,00 horas, donde se fará entrega dos trofeos os gañadores, nas diferentes categorías, por parte da Concelleira de Deportes de Narón Natalia Hermida Rico.
www.naron.es