Concello de Narón
Novas
XIII TORNEO DE XIMNASIA RÍTMICA "CIDADE DE NARON"
Dispútase o sábado 13 de novembro no Pavillón Polideportivo de A Gándara. Participan cinco clubes de Galicia, e a entrada é libre.
Narón, 12 de Novembro de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e a presidenta do Club Acordes de Ximnasia Rítimica, Izaskum Hernáez, presentaron hoxe en rolda de prensa o XIII Torneo de Ximnasia Rítmica "Cidade de Narón" que se celebra o sábado 13 de novembro no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, con entrada de balde. Este torneo está organizado polo Club Acordes de Ximnasia Rítmica de Narón en colaboración co Padroado de Deportes de Narón. Os equipos participantes serán os seguintes: - Club Maniotas de Pontevedra - Club Ximnasia Pavillón Ourense - Club Club María Barbeito A Coruña -Club Ximnasia Arousa Pontevedra -Club Acordes Narón (A Coruña) O torneo disputarase na modalidade de conxuntos, e contará con categorías de base, benxamín e alevín, e categoría federada, alevín, infantil, junior e senior. O horario de inicio será as 12,00 horas e rematará sobre as 15,00 horas cando se fará entrega dos trofeos os gañadores, nas diferentes categorías, por parte da Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida Rico.
www.naron.es