TRES PARELLAS DO CLUB BAILE DEPORTIVO NARÓN ALZÁRONSE CO PRIMEIRO PREMIO DO "CAMPIONATO GALEGO DE STANDARD"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, acudiron ao evento deportivo, celebrado no pavillón podelideportivo municipal da Gándara
Narón, 23 de abril de 2023. O pavillón polideportivo da Gándara acolleu dende primeira hora desta mañá o “XXII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” e o “Campionato Galego de Standard”. Algo máis de 300 deportistas participaron nesta convocatoria, á que asistiron a alcaldesa, Marián Ferreiro e o concelleiro de Deportes, José Oreona, entre o numeroso público desprazado de diferentes concellos.
A alcaldesa destacou o éxito acadado un ano máis neste evento deportivo e destacou o feito de que tres parellas do Club de Baile Deportivo Narón se alzasen co primeiro premio, nas súas respectivas categorías, do “Campionato Galego de Standard”. A parella formada por Hugo Martínez Cortizas e Sabela Manso Rico gaño una categoría Youth; a formada por Cristian Lorente Blanco e Ako Claudia Rodríguez Puente, na Junior I a de Alberto López Rañal e Noelia Rey Argibay na de Adulto I. Subironse tamén ao pódium, co segundo posto da categoría Youth no galego a parella formada por Sergio Iglesias Seijo e Paula Torre Seijo, tamén do CBD Narón.
O “XXII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” incluíu as modalidades de caribeños, danza coreográfica, standard latinos e single, nas diferentes categorías, dende xuvenil ata senior. As entregas de trofeos das modalidades de caribeños e standard tiveron lugar pola mañá, se ben o campionato autonómico se desenvolveu a partir das 14.42 horas. Ao remate deste último sucedéronse as modalidades de danza coreográfica e latinos, que pecharon a programación desta convocatoria.
Ferreiro agradeceu novamente a implicación e colaboración do Club de Baile Deportivo Narón neste evento organizado polo Concello naronés. “É un orgullo poder celebrar na nosa cidade un campionato destas características e desfrutar da calidade dos deportistas que participan, tanto locais como procedentes doutras localidades”.