Concello de Narón
Novas
O PADROADO DE DEPORTES ORGANIZA UN PROGRAMA DE OCIO DEPORTIVO PARA ESTE NADAL
Depornadal 2010 é gratuito e poden participar nen@s de 6 a 12 anos, empadroados en Narón. Contabilizáronse 139 inscricións.
Narón, 21 de Decembro de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou en rolda de prensa a primeira edición de Depornadal. Trátase dun programa de ocio deportivo, dirixido a nenos e nenas empadroados en Narón e que teñan entre 6 e 12 anos de idade. Finalizado o prazo de inscrición no día de onte, rexistráronse un total de 139 matrículas o que confirma o éxito desta iniciativa. O Padroado de Deportes do Concello de Narón ten programadas un total de 8 actividades deportivas (futbol sala, baloncesto, natación, balonmán, patinaxe, tiro con arco, voleibol, e tenis de mesa) que se desenvolverán do 27 ó 30 de decembro no Pavillón Polideportivo de A Gándara e na Casa da Mocidade. Tal e como destacou a Concelleira de Deportes, Depornadal 2010 “é un programa gratuito no que se conxugarán o ocio divertido e saudable para os nenos e nenas”, declarou Natalia Hermida. Os interesados poderán participar en dous actividades diferentes das oito se ofertan, e cada unha delas terá unha duración de 90 minutos. Depornadal 2010 se celebrará do luns 27 ó xoves 30 de decembro, e haberá dous actividades diarias de unha hora e media de duración, establecendo grupos de 10:00 a 11:30 horas, de 11:30 a 13:00 horas, de 16:00 a 17:30 horas, e de 17:30 a 19:00 horas. As actividades se levarán a cabo no Pavillón Polideportivo de A Gándara, agás o tiro con arco e a patinaxe que serán no Pavillón da Mocidade. Os requisitos que haberán de cumplirse son os seguintes: traer patines para a actividade de patinaxe; saber nadar e traer bañador, gorro e chanclas para a actividade de natación; e para o resto de actividades, traer ropa axeitada para a práctica deportiva (coma chandal e tenis). Nesta primeira edición de Depornadal, cóntase coa colaboración dos seguintes clubes deportivos: Club Cidade de Narón, Club Arco Narón, Agrupación Deportiva Náutico Narón, Club Narón Volea, Club Tenis de Mesa Narón, Club Balonmano Narón, Club Raiola, e Agrupación Deportiva Santiago Apóstol. Sobre as actividades escollidas para esta primeira edición de Depornadal, a Concelleira de Deportes explicou que se trata de “ofrecer actividades deportivas relativamente sinxelas para os nenos e nenas, e ó mesmo tempo que coñezan as actividades que ofrecen os propios clubes de Narón”.
Descarga de archivos
CALENDARIO DE ACTIVIDADES DEPORNADAL 2010
Tamaño:32,50 KB
CALENDARIO DE ACTIVIDADES DEPORNADAL 2010
Tamaño:32,50 KB
www.naron.es