Concello de Narón
Novas
O CAMPO DE FÚTBOL DO VAL ACOLLERÁ ESTE DOMINGO O "VI TORNEO XUVENIL SINDE´S CUP"
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento acompañado polo presidente e a secretaria da Sociedade Deportiva O Val, Félix Serantes e Bárbara Grandal, respectivamente
Narón, 16 de agosto de 2023. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, desprazouse esta tarde ao campo de fútbol de Sinde, na parroquia do Val, para asistir ao acto de presentación do “VI Torneo Xuvenio Sinde´s Cup”. O edil naronés estivo acompañado do presidente e da secretaria da Sociedade Deportiva O Val, Félix Serantes e Bárbara Grandal, respectivamente. O torneo disputarase este domingo, día 20, en horario de mañá e tarde. Ás 10.30 horas darán comezo as semifinais, cun primeiro partido entre ox xuvenís do Racing de Ferrol e do Deportivo da Coruña para continuar ás 12.00 co segundo partido, entre o CD Lugo e o Celta de Vigo. A final de consolación do torneo será ás 17.30 horas e a final, da que resultará o equipo gañador desta edición, iniciarase ás 19.00 horas. As entradas poden adquirirse na oficina do club ou no despacho de billetes, ata o venres a partir das 19.30 horas ou tamén o propio día do torneo, no caso de que queden dispoñibles. O prezo é de 10 euros para xornada completa e de 7 euros para media xornada. O Concello organiza coa Sociedade Deportiva O Val este evento deportivo, ao que animan a asistir á cidadanía para apoiar aos xuvenís dos catro equipos que disputarán esta edición.
www.naron.es