Celébrase do 5 ó 8 de decembro, coa participación de 412 xogadores.
Narón, 3 de Decembro de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o Campionato Zonal de Tenis de Mesa-Torneo Zona 1, que se desenvolverá no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara os días 5, 6, 7 e 8 de decembro. O horario previsto para a celebración do torneo é de 9:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 21:00 horas.
A edila estivo acompañada na rolda de prensa polo Vicepresidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, Antonio Lasén, e polo Presidente do Clube de Tenis de Mes Cidade de Narón, Fernando Montero. Este clube é o encargado de organizar o campionato, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón.
O Campionato Zonal de Tenis de Mesa contará coa participación dun total de 412 xogadores, sendo galegos máis da metade. A representación naronesa ascende a 50 participantes.
Nos tres días de duración do torneo, está prevista a convocatoria de máis de 1.000 partidos. Ademáis, este campionato é clasificatorio para o Campionato de España nas categorías de benxamín a veteranos.