Concello de Narón
Novas
VIII TROFEO DE KÁRATE 'CIDADE DE NARÓN'
O domingo 12 de decembro, no Pavillón de A Gándara en horario de 9:00 a 15:00 horas.
Narón, 10 de Decembro de 2010.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acollerá, o domingo 12 de decembro, o VIII Trofeo de Kárate ‘Cidade de Narón’ no que se espera a participación de 10 clubes de Santiago, A Coruña, Ferrol e Narón. O campionato está organizado pola Escola Superior de Kárate de Narón, e a principal novidade desta edición é que este ano cambia de categorías pasando a disputarse as de infantil e xuvenil, ambas en masculino e feminino. As modalidades en xogo serán a kata e o kumite. A Escola Superior de Kárate de Narón participará con 7 deportistas de 10 a 13 anos de idade, algúns deles en posesión dos títulos de campiones galegos na súa categoría. O Trofeo de Kárate disputarase en horario de 9:00 a 15:00 horas.
www.naron.es