Concello de Narón
Novas
O III TROFEO DE VOLEIBOL 'CIDADE DE NARÓN' CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DE 200 NEN@S
Será este sábado 11 de decembro, de 14:30 a 22:00 horas no Pavillón de A Gándara.
Narón, 10 de Decembro de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o III Trofeo de Voleibol “Cidade de Narón” que se celebra mañá dia 11 de decembro, no Pavillón Polideportivo de A Gándara, en horario de 14:30 a 22:00 horas. Agárdase a participación aproximada de 200 nen@s de cinco clubes da provincia, que son os seguintes: Liceo, Franciscanos e Calasancias (A Coruña), Compañía de María (Ferrol), e Narón Volea. Este último clube está a organizar o campionato. O seu presidente, Placido Armada, comentou hoxe en rolda de prensa que haberá tres categorías neste torneo: benxamines, infantís e alevines. O Clube Narón Volea colle o testigo da anterior agrupación deportiva de Narón, o Clube Aldebarán, cuio traballo foi hoxe destacado pola Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida. A edila tamén confirmou o interese do Padroado de Deportes por continuar apoiando a actividade do Voleibol no municipio.
www.naron.es