Concello de Narón
Novas
PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O "XIV TORNEO DE VOLEIBOL CIDADE DE NARÓN"
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento acompañado por Eva Romero, presidenta do club de voleibol Narón Volea
Narón, 20 de decembro de 2023. O edil de Deportes, Ibán Santalla, e a presidenta do Club de Voleibol Narón Volea, Eva Romero, presentaron esta mañá o “XIV Torneo de Voleibol Cidade de Narón”. A cita terá lugar, tal e como avanzou Santalla, este sábado día 23 no pavillón Campo da Serra, dando comezo os partidos ás 9:00 horas e estando prevista a entrega de trofeos para as 21.00 horas. Preto de 300 nenas e nenos das categorías de Prebenxamín a Infantil –de entre 6 e 11 anos- procedentes dos clubs de voleibol Narón Volea, Emevé Lugo, Calasancias, Oleiros e San Ciprián participarán neste torneo, organizado polo Concello en colaboración co Club de Voleibol Narón Volea e a Deputación da Coruña. Dende a organización animouse ás veciñas e veciños da cidade a achegarse o sábado ao pavillón Campo da Serra para desfutar deste torneo, no que participarán uns 300 deportistas, e animar ás nenas e nenos que xogarán os diferentes partidos. A entrada a este evento é de balde.
www.naron.es