Concello de Narón
Novas
XIV TROFEO DE BATEIS 'CIDADE DE NARÓN' NA ENSENADA DA GÁNDARA
Se celebra o sábado 5 de marzo, con 370 participantes de 16 clubes da provincia.
Narón, 3 de Marzo de 2011.- O Concello de Narón e o Clube de Remo Narón veñen de organizar, en colaboración coa Deputación da Coruña, o XIV Trofeo de Bateis ‘Cidade de Narón’ que se desenvolverá o sábado 5 de marzo na Ensenada da Gándara (xunto á lonxa dos mariscadores). Nesta ocasión participarán na proba un total de 370 deportistas, procedentes de 16 clubes da provincia: A.D. Esteirana, C.R. San Felipe, C.R. Ares, C.M. Mugardos, C.R. Puebla, C. R. Cedeira, C.R. Perillo, C. R. A Cabana-Ferrol, C.R. Rianxo, C.R. Cabo de Cruz, C.R. Muros, C.R. Marítimo de Ferrol, C.R. Mera, C.R. As Xubias. C.R. Náutico de Boiro, e C.R. Narón. En representación do clube naronés participarán 15 deportistas (formando 2 equipos de senior, e un equipo de cadete). Os participantes repartiranse en equipos de catro remeiros e un patrón. Competirán equipos de tódalas categorías, tanto femininas como masculinas: promesa feminina (1.000 metros), absoluta feminina (2.000 metros), infantil masculino (1.000 metros), cadete masculino (1.500 metros), xuvenil masculino (2.000 metros), e senior masculino (2.000 metros). A competición será unha proba de velocidade realizada nun campo de regatas de cinco regos paralelos de 500 metros de longo, delimitados por boias donde cinco equipos toman a saída ó mesmo tempo. Cada categoría recorre unha distancia diferente, sempre en regos de 500 metros, o que obriga ós equipos e según qué categoría, a realizar alomenos unha virada na súa boia. O horario de inicio da proba será a partir das 16:00 horas e rematará entorno ás 20.00 horas, cando terá lugar a entrega de trofeos ós gañadores nas diferentes categorías, por parte da Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida Rico. A edila destacou a elevada participación de deportistas nesta proba, que crece en máis de 100 inscritos respecto ó ano pasado. Ademáis, agradeceu o traballo de organización da mesma ó Clube de Remo Narón. “Sen o seu esforzó e a súa coordinación, sería imposible desenvolver este evento deportivo”, sinalou Natalia Hermida. Por último, a Concelleira de Deportes de Narón quixo dar a benvida a tódolos participantes neste XIV Trofeo de Bateis ‘Cidade de Narón’.
www.naron.es