Concello de Narón
Novas
O PRAZO PARA ANOTARSE NA SEGUNDA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS" REMATA MAÑÁ
O edil de Deportes, Ibán Santalla, recordou que a camiñata terá lugar este domingo, entre a Pena Molexa e pola Senda Ártabra
Narón, 21 de maio de 2024. As persoas que desexen asistir á segunda das andainas programadas este ano a través do programa municipal Ponte en ruta con nós poderán anotarse ata mañá martes, incluido. Así o recordou o edil de Deportes, Ibán Santalla, que apuntou que a ruta programada para este domingo, día 26 de maio, é a da “Pena Molexa-Senda Ártabra”, duns 13,5 quilómetros. Os participantes sairán ás 9:15 horas do centro cívico social do Val cara á Pena Molexa, para dende aí dirixirse á Pena Lopesa, o Campo do Aveal, O Casal, Vilarquinte e o Monte da Lagoa. As inscricións realízanse nas oficinas do Padroado de Deportes (estrada da Gándara, 148), en horario de 8:30 a 13:00. O prezo que se debe abonar no momento da inscrición é de 5 euros por persoa, estando limitada a asistencia a un total de 150 camiñantes e non podendo acudir menores a non ser que vaian acompañados dunha persoa adulta. Para recibir máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 387 522.
www.naron.es