Concello de Narón
Novas
PRESENTACION DO XIX TROFEO DE NATACION 'CIDADE DE NARON'
Se celebra o sábado 28 de maio na Piscina Municipal de A Gándara.
Narón, 26 de Maio de 2011.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acollerá, o sábado 28 de maio, a 19ª edición do Trofeo Internacional de Natación ‘Cidade de Narón’, organizada polo clube Nautico de Narón en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón. A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o trofeo, acompañada polo entrenador do Clube Nautico Narón, Armando Guerrero, e a presidenta do Clube, María Suárez. Máis de 200 deportistas daranse cita nesta proba, representando a un total de 16 clubes: 2 portugueses (CN Valongo e CN GespaÇos, ambos de Oporto), 1 asturiano (Villa de Navia) e 13 galegos (Riveira, Boiro, Universitario, Cidade de Santiago, Xove, Portamiñá de Lugo, Carballo, Club del Mar, Arzúa, Fene, Ferrol-Elinco, Club Marina, e Náutico de Narón). Os clubes favoritos para alzarse co triunfo son os dous portugueses, e os locais do Clube Natación Ferrol-Elinco, e Clube Nautico de Narón. A competición desenvolverase en doble sesión, en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas, e de tarde de 17:00 a 21:00 horas.
www.naron.es