Concello de Narón
Novas
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS SESIÓNS DE PILATES QUE SE REALIZARÁN EN XULLO NOS PARQUES DE XUVIA E FREIXEIRO
O edil de Deportes, Ibán Santalla, explicou que as sesións se dirixen a maiores de 16 anos
Narón, 16 de xuño de 2024. O Concello de Narón programa un ano máis, a través do Padroado de Deportes, sesións de pilates ao aire libre dirixidas a persoas maiores de 16 anos. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, que aexplicou que as sesión se desenvolverán nos parques de Freixeiro e Xuvia sempre e cando se reúnan grupos de un mínimo de sete participantes. As sesións no parque de Freixeiro terán lugar os luns e os mércores de 9:00 a 10:00 horas e de 10:00 a 11:00 e no parque de Xuvia serán os martes e xoves, tamén neses mesmos horarios. Santalla indicou que o máximo por cada grupo será de 15 participantes, que deberán aportar o material preciso; colchoneta, esterilla e toalla. O edil naronés informou que o prezo é de 13,05 euros por persoa para todo o mes e que en caso de choiva a actividade se trasladará ao polideportivo da Gándara. Santalla incidiu en que a cobertura do seguro de accidentes para a actividade cubre a usuarios e usuarias ata 69 anos, tal e como indicaron dend a empresa aseguradora, se ben poderán acudir á actividade maiores desa idade baixo a súa responsabilidade e coberturas sanitarias propias. As preinscricións poden facerse dende mañá ata o vindeiro 21 deste mes -de luns a venres- chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 2505, 2512 e 2503) en horario de 8:30 a 13:00 horas. Santalla animou á cidadanía a inscribirse nesta actividade “programada ao aire libre e co fin de promover estilos de vida saudables”.
www.naron.es