Concello de Narón
Novas
UNS 300 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NA "VI BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS CIDADE DE NARÓN"
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou a convocatoria xunto con Bruno Vidal e José Manuel García, presidente e integrante da directiva, respectivamente, do Club de Remo Narón
Narón, 27 de xuño de 2024. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou esta mañá xunto con Bruno Vidal e José Manuel García, presidente e integrante da directiva, respectivamente, do Club de Remo Narón, a sexta edición da Bandeira de Traiñeiras Cidade de Narón, que se organiza por quinto ano consecutivo e que abrirá a Liga galega. O edil naronés destacou o feito de que participen na convocatoria uns 300 deportistas chegados de once clubs galegos. Os integrantes do club local avanzaron que ademais, deles, participarán os clubs Samertolameu-Fandicosta; Tirán-Pereira; Urme; Cesantes-Rodavigo; Chapela-Wofco; Mecos; Mugardos-A Cabana; Ares; Cabo da Cruz e Castropol. Os remeiros percorrerán un tramo de tres millas náuticas, algo máis de 5.500 metros, en catro longos pola zona da Gándara paralela ás Pías. A convocatoria dará comezo ás 12:00 horas e rematará sobre unha hora despois, tal e como indicaron dende a organización. O edil de Deportes felicitou ao club de Remo Narón polo traballo realizado co find e celebrar este evento un ano máis na cidade e desexou moita sorte aos deportistas locais que participarán no mesmo.
www.naron.es