Organizada polo Motoclub Fojeteiros, se desenvolve do 3 ó 5 de xuño no Paseo Marítimo de Xuvia e no Polígono de Rio do Pozo.
Narón, 13 de Maio de 2011.- O Paseo Marítimo de Xuvia e o polígono de Rio do Pozo acollerán os días 3, 4 e 5 de xuño a VI Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ organizada polo Motoclub Fojeteiros, en colaboración co Concello de Narón.
Por primeira vez, as xornadas incluirán unhas Xornadas sobre Turismo Activo, nas que os moteiros percorrerán diferentes lugares da comarca co fin de coñecer o paisaxe e o patrimonio cultural da mesma. Así, levarán a cabo dous rutas:
Sábado 4 de xuño: saída ás 11:00 horas do paseo marítimo de Xuvia, para visitar o Faro de Valdoviño e a praia da Frouxeira. Regreso ás 14:00 horas.
Domingo 5 de xuño: saída ás 11:00 horas do paseo marítimo de Xuvia, para visitar o pobo de A Graña, e San Felipe (incluíndo o Castelo). Despois partirán a Cabo Prioriño, para visitar as baterías de Cabo Chico e As Viñas. O regreso está previsto para as 13:30 horas.
Programa da VI Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’:
VENRES 3 DE XUÑO
A partires das 18:00 horas: Apertura de inscripcións.
Actuación dos grupos noveis da Escola de Música Moderna de Narón “Terapia” e “Bull Dog”.
Simulador de “caballitos” x-bike.
Concerto musical cos grupos “Que cunda o pánico!”, “Capitán Morgan” e “Riff Raff”.
SÁBADO 4 DE XUÑO
A partires das 10:00 horas: apertura de inscripcións. Ruta turística pola comarca.
Acrobacias a cargo de “Paulo Martinho” (Exhibición con moto e Ferrari) no aparcadoiro de camións do polígono de Rio do Pozo.
Diversos entretementos e simulador de “caballitos” x-bike na carpa. Cea na carpa do paseo marítimo de Xuvia.
Desfile das antorchas (ás 23:30 horas) percorrendo a estrada de Castela ata a Ponte das Cabras. Farase en memoria dos moteiros que perderon a vida na estrada.
Conxuro e queimada.
Gran festa moteira co grupo “Los m&n`s band” e festa amenizada por “Disco Master”.
DOMINGO 5 DE XUÑO
Almorzo moteiro na carpa.
Ruta turística pola comarca.
Xantar e entrega de trofeos e premios nas diferentes categorías.
O prezo da inscripción é de 30€. Pode facerse a través do tf 697 269 102; no enderezo info@motoclubfojeteiros.com, e tamén en www.motoclubfojeteiros.com ou en Facebook.