Concello de Narón
Novas
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA ESTARÁ ABERTA EN HORARIO DE MAÑÁ ESTE MES PARA SESIÓNS DE BAÑO LIBRE
O edil de Deportes, Ibán Santalla, recordou que o horario será de luns a venres entre as 8:00 e as 13:15
Narón, 1 de xullo de 2024. A piscina municipal do complexo polideportivo da Gándara permanecerá aberta para sesións de baño libre durante este mes. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, que recordou que se poderá acudir ás instalacións de luns a venres entre as 8:00 e as 13:15 horas, con sesións de de 45 minutos. O edil naronés recordou que durante o mes de agosto as instalacións permanecerán pechadas, como é habitual, para realizar tarefas de mantemento.
www.naron.es