Concello de Narón
Novas
O CONCELLO ACOLLEU UNHA REUNIÓN DE TRABALLO COS CONCELLOS COORGANIZADORES DA XXXVIII CARREIRA POPULAR-VOLTA Á RÍA MEMORIAL ADOLFO ROS
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presidiu a xuntanza, trala que se informou que o evento terá lugar o 1 de decembro
Narón, 2 de xullo de 2024. O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, presidiu esta mañá no Concello unha reunión de organización da “XXXVIII Carreira Popular-Volta á ría Memorial Adolfo Ros”, á que asistiron representantes políticos e técnicos do consistorio naronés e tamén dos de Ferrol, Neda e Fene, coorganizadores deste evento. Santalla informou que a convocatoria se celebrará o vindeiro 1 de decembro o trazado discurrirá, como en anos anteriores, polos catro municipios. O concelleiro naronés indicou que no transcurso da xuntanza celebrada hoxe se abordaron diferentes cuestións vecelladas con esta media maratón, que se presentará oficialmente antes de que se abra o prazo de inscrición para poder participar na mesma.
www.naron.es