O edil de Deportes, Ibán Santalla, indicou que os horarios se reaxustarán co inicio das clases das Escolas Deportivas Municipais
Narón, 16 de setembro de 2024. A piscina municipal do complexo polideportivo da Gándara abriu na xornada de hoxe, ás 07:45 horas para sesións de nado libre. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, que recordou que se poderá acudir ás instalacións de luns a venres entre as 07:45 e as 14:00 horas e de 15:15 a 22:15, con sesións de de 45 minutos.
O edil naronés recordou que durante o mes de outubro as instalacións retomarán os cursos de natación, co que se reaxustarán os horarios actuais, ao igual que en cada tempada.