Concello de Narón
Novas
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NAS 21 LEGUAS, OS 101 KILÓMETROS DE NARÓN
Un total de 950 persoas participaron nas diferentes categorías establecidas para esta proba de ultrafondo
Narón, 28 de setembro de 2024. A celebración das 21 Leguas, os 101 kilómetros de Narón, foi nesta terceira edición un éxito de participación, con 950 persoas inscritas, e de público, animando aos marchadores e ciclistas ao seu paso polo percorrido. Ás 8:00 horas saían do paseo marítimo de Xuvia os participantes en bicicleta e unha hora máis tarde facíano os marchadores, todos eles para realizar un tramo que os levou pola zona do Couto, o paseo da Gándara, o Arsenal, a Armada, a zona de Doniños, e a Costa Ártabra ata Valdoviño para regresar de novo á meta, no paseo de Xuvia. Alí chegou en catro horas e vinte minutos Carlos Lamarque, ganador da modalidade ebike masculino nesta edición e que quedou segundo o pasado ano. Xa pola tarde, ás José Santiago Villar, que rematou o percorrido en menor de nove horas e que gañou as dúas anteriores edicións. Na categoría feminina, o primeiro premio en e-bike foi para Ana Castro, en menos de nove horas e media, e o da categoría absoluta de marchadores foi para Sonia Rubio, cun tempo por debaixo de doce horas. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse á zona de Xuvia para dar a saída aos participantes, xunto ao concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o de Seguridade Cidadá, José Oreona. Ao mediodía comenzaron a chegar a Xuvia os participantes en e-bike e MTB, que foron recibidos pola alcaldesa da cidade, que tamén visitou con Oreona o punto de control establecido en FIMO e puntos de avituallamento da proba. Xa pola tarde, sobre as 18:00 horas, foron chegando tamén os primeiros marchadores, que dispoñen de 24 horas para rematar o percorrido -os ciclistas tiñan 12 horas-, polo que algúns deles o farán ao longo da madrugada de mañá domingo. Sobre as 19:30 horas procedeuse ao acto de entrega de premios, no que ademais da alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, Ibán Santalla -gañador do terceiro premio na modalidade e-bike-, participaron o presidente do club Narón 101 e director da proba, Óscar Somorrostro; a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; os concelleiros de Seguridade de Ferrol, Pamen Pieltain e Valdoviño, Sergio Saavedra e dúas representantes de Naturgy, Sabela Muñoz e Marta Peláez. Rapazas e rapaces da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, onde se realizaron as medallas desta proba, participaron tamén durante todo o día de hoxe na entrega das mesmas ao paso dos participantes polo arco de meta. Na categoría absoluta feminina de MTB a gañadora foi Rebeca Pérez e na masculina Santiago Rodríguez, se ben o premio Sénior masculino foi para Víctor Vidal. O listado completo dos premios entregados pode consultarse a través da web: www.emesports.es. Rematado o acto a alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu o labor desenvolvido polo Club Narón 101 e tamén “o intenso traballo realizado polo persoal voluntario, sanitarios, corpos e forzas de seguridade, Protección Civil e SPEIS de Narón e tamén polo apoio doutras administracións e empresas patrocinadoras, por confiar novamente nesta proba de ultrafondo que é xa todo un referente dentro e fóra da nosa cidade”. Tanto é así que participaron na mesma persoas procedentes de Asturias, Cataluña, Andalucía, Madrid, Canarias… e mesmo houbo representación de Noruega e Suíza, tal e como recordou Ferreiro.
www.naron.es