Dirixido a nen@s de 4 a 14 anos de idade, se celebra do 27 de xuño ó 2 de xullo no Campo de Fútbol de O Cadaval.
Narón, 3 de Xuño de 2011.- O Concello de Narón acolleu hoxe a presentación en rolda de prensa do I Campus da Fundación Celta de Vigo, que se desenvolverá no Campo de Fútbol de O Cadaval do 27 de xuño ó 2 de xullo. Trátase dunha convocatoria organizada pola Fundación Celta de Vigo, en colaboración co clube Narón Balompé Piñeiros, e o Concello de Narón –este último cedendo as instalacións do Campo de Fútbol de O Cadaval-. Está dirixido a nen@s de 4 a 14 anos de idade.
As inscripcións poden realizarse a través da páxina web www.fundacioncelta.com (no apartado entidades deportivas, pódese descargar o impreso correspondente), ou ben no teléfono 902 104 404, en horario de 10 a 19 horas. Os impresos tamén estarán disponibles nas oficinas do club Narón Balompé Piñeiros, e nas do Padroado de Deportes –pavillón polideportivo de A Gándara-.
A presidenta da Fundación Celta de Vigo, Carmela Cuevas, explicou que haberá un único turno matinal, en horario de 10 a 14 horas, no que se ofrecen ata un máximo de 100 prazas. “Ademais de deporte, queremos amosar no Campus de Fútbol valores coma o esforzo, o compañerismo, o traballo en equipo e as pautas axeitadas de alimentación” declarou.
A máxima responsable desta fundación, que acudíu ó evento co ex xogador do Celta de Vigo, Vlado Gudelj e o ex director técnico do Narón Balompé, Manel Fernández Anidos, engadíu que este Campus de Fútbol organízase en 18 localidades diferentes durante este verán.
Pola súa banda, a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, agradeceu á Fundación Celta de Vigo a súa colaboración e agardou ter unha alta participación de nenos e nenas nesta iniciativa deportiva.