Concello de Narón
Novas
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA DISPÓN AÍNDA DE VACANTES NAS CLASES DE NATACIÓN PARA ADULTOS E NATACIÓN PRE-PARTO E POST-PARTO
O edil de Deportes, Ibán Santalla, recordou que as matrículas deben tramitarse nas instalacións do complexo polideportivo municipal da Gándara
Narón, 22 de outubro de 2024. As persoas interesadas en acudir ás clases de natación para adultos, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento dispoñen aínda dalgunhas vacantes na piscina municipal da Gándara. Así o recordou o edil de Deportes, Ibán Santalla, que indicou que as matrículas se poden formalizar nas propias instalacións do Complexo polideportivo municipal da Gándara. As clases de natación para adultos con vacantes son os luns, mércores e venres de 8.45 a 9.30 horas e pola tarde de 20.00 a 22.15 horas. Os martes e xoves tamén hai prazas de 20.45 a 22.15 horas. Así mesmo, tamén hai vacantes, indicou o edil, os luns, mércores e venres, de 10.15 a 11.00 horas, para as modalidades de natación pre-parto, post-parto e tamén recuperación do solo pélvico post-parto.
www.naron.es