O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, informou que as inscricións se poden realizar ata o 2 de decembro
Narón, 11 de novembro de 2024. O edil de Deportes, Ibán Santalla, recordou que está aberto ata o vindeiro 2 de decembro o prazo para anotarse na “Campaña neve 2025” promovida pola Deputación da Coruña. A administración provincial oferta catorce prazas para a localidade, ás que poden optar os nenos e nenas de 11 a 15 anos (ambas idades incluídas), que deben cubrir unha ficha –que se pode descargar da páxina web www.dacoruna.gal/deportes- e cumplimentar cos datos requeridos para entregala no Rexistro do Concello acompañada pola documentación requerida para formalizar a citada inscrición. Unha vez confirmada a praza haberá que entregar nova documentación requerida por este programa.
Os menores de Narón acudirán á terceira quenda, que terá lugar entre os días 24 ao 27 de xaneiro. Durante eses días permanecerán aloxados na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), onde realziarán cursos de esquí e actividades complementarias.
A cota que aboarán os participantes é de 85 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de transporte, a estadía, a manutención na citada estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados, tal e como se indicou desde a Deputación da Coruña.
A través desta iniciativa apóstase por fomentar a práctica do esquí entre os rapaces e rapazas das idades ás que se dirixe esta iniciativa.