Terán lugar no pavillón de A Gándara e nas instalacións da empresa multiocios ET, do 27 de xuño ó 2 de xullo.
Narón, 10 de Xuño de 2011.- Narón acollerá do 27 de xuño ó 2 de xullo dous campus deportivos para nenos e nenas en idade escolar, que hoxe foron presentados en rolda de prensa pola Concelleira de Deportes en funcións, Natalia Hermida, acompañada polos respectivos organizadores.
Así, está convocado o I Campus de Baloncesto ‘Cidade de Narón’ organizado pola Agrupación Deportiva Santiago Apóstol e dirixido a nen@s de 6 a 18 anos de idade. Se celebra do 27 de xuño ó 2 de xullo, no pavillón polideportivo de A Gándara en horario 10:00 a 14:00 horas. O prezo da matrícula é de 60 euros.
Os teléfonos de contacto para inscribirse son os seguintes: 610 780 176 / 605 220 369. Pódese obter máis información no propio colexio Santiago Apostol, tamén na súa páxina web, e nas oficinas do Padroado de Deportes do Concello de Narón. O prazo para inscribirse finaliza o dia 20 de xuño, e tódolos participantes recibirán unha camiseta do Campus e un diploma.
Este campus diríxese a nenos que queren aprender o deporte e mellorar as súas habilidades. Ó longo desos días, haberá visitas de xogadores e adestradores convidados. Ademáis, o programa de actividades do campus contempla a exhibición de mates, adestramentos de baloncesto (individual e colectivo), concursos (individuais e por grupos), e outras actividades complementarias.
Por outra banda, presentouse o I Campus de Voleibol ‘Cidade de Narón’ que terá lugar do 27 de xuño ó 1 de xullo (en horario de 9:00 a 14:00 horas), organizado polo Club Narón Volea. Se levará a cabo nas instalacións da empresa Multiocios ET, dirixido a nen@s de idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos.
As inscripcións poden realizarse nas oficiñas do club (situadas no pavillón polideportivo de A Gándara) os mércores e venres de 18:00 a 19:30 horas, ou no teléfono 699 080 262. O campus ten un prezo simbólico de 30€ e inclúe unha merenda que se lles dará ós participantes a media mañá.
As actividades previstas son as seguintes: iniciación ó voleibol, xogos populares, piscina, sorteo de agasallos, cars, rocódromo e toro mecánico.