Concello de Narón
Novas
O CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS DE FÚTBOL SALA DISPUTARASE EN FERROL E NARÓN
A Real Federación Galega de Fútbol presentou o evento, que terá lugar o 6 de decembro nos pavillóns da Matala, da Gándara e no pavillón Campo da Serra
Ferrol, xoves 28 de novembro,. Hoxe tivo lugar a presentación da 1º fase do campionato galego de selleccións comarcais de fútbol sala. Ao acto acudiron os seguintes representantes; Martina Aneiros, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol; Ricardo Aldrey, Concelleiro de Deportes do Concello de Ferrol; José Oreona, Concelleiro de Seguridade do Concello de Narón e o Delegado Federativo da RFGF en Ferrol, Abraham Yáñez. Os representantes anteriormente detallados incidiron na importancia que ten o deporte nas rapazas e rapaces, e resaltaron o que implica un evento desta magnitude, nos concellos que o acollen. Preto de 300 deportistas da especialidade de Fútbol Sala, daranse cita nas tres instalacións deportivas (A Malata | Ferrol - Complexo Deportivo A Gándara y Polideportivo Campo da Serra | Narón), dende primeira hora da maña, do venres 6 de decembro. As categorías participantes serán Benxamín Mixto - Alevín Masculino e Feminino - Infantil Masculino e Feminino. Esta 1º fase a disputarán as delegacións de Ferrol, A Coruña, Lugo e A Costa da Morte, sendo a VII edición deste campeonato, dende que a Real Federación Galega de Fútbol organiza as diferentes competicións da especialidade de Fútbol Sala.
www.naron.es