Concello de Narón
Novas
O POLÍGONO DE RÍO DO POZO ACOLLERÁ ESTE DOMINGO A CELEBRACIÓN DO CAMPIONATO DE DÚATLON POR EQUIPOS DE NARÓN
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e Javier Campos, representante da Federación Galega de Tríatlon (Fegatri) presentaron a convocatoria
Narón, 17 de decembro de 2024. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e Javier Campos, representante da Federación Galega de Tríatlon (Fegatri) anunciaron que unha vintena de equipos participarán este domingo, día 22, no Campionato de Dúatlon por equipos de Narón. O Concello colabora coa Fegatri, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Deportiva Náutico de Narón na organización deste evento. O campionato dará comezo ás 11:00 horas, para realizar un percorrido de dous quilómetros de carreira a pé; 4,8 quilómetros de ciclismo e outros quilómetro de carreira a pé. Na proba en equipos contra o reloxio haberá en cada equipo entre catro e seis deportistas, tal e como se indicou dende a organización. A proba desenvolverase en viais do polígono de Río do Pozo, concretamente ás rúas Carboeiros, Mariñeiros, Cesteiros, Mariscadores e Panadeiros. Ao remate do evento deportivo haberá trofeos para os tres primeiros equipos masculinos e femininos e para os tres primeiros equipos da proba open escolar.
www.naron.es