Concello de Narón
Novas
O CLUB DE GOLF CAMPOMAR CELEBRA A V SEMANA DE GOLF E O VII TORNEO CIDADE DE NARÓN
Ten lugar do 19 ó 25 de xullo nas instalacións de O Val.
Narón, 19 de Xullo de 2011.- O Club de Golf Campomar (O Val) iniciou hoxe a V Semana de Golf de Narón, que comprende do 19 ó 25 de xullo. O programa de actividades foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, xunto co presidente do Club de Golf Campomar, Luis Sierra, e a xerente do Club, Noelia Couce. A Concelleira de Deportes agradeceu ós organizadores “todo o esforzo feito na elaboración do programa e na organización destas actividades”, sinalou Natalia Hermida. Pola súa banda, o presidente do Club Campomar tamén quixo recoñecer ó Concello de Narón “o seu apoio e a axuda prestada para que este evento poida realizarse”, sinalou Luis Sierra. O programa da V Semana de Golf ‘Cidade de Narón’ é o seguinte: Martes 19/ Mércores 20/ Xoves 21: Xornada de Portas Abertas Pensadas para dar a coñecer as instalacións do club a todo aquel que estea interesado na práctica do golf. Pódese visitar o campo e probar o xogo. Mércores 20 Torneo Senior, con dous turnos (9:30 horas e 16:00 horas). Poden participar tanto socios coma no socios. Actividades de carácter aberto. Xoves 21 Golf para discapacitados. Participarán a Asociación Nuestra Señora de Chamorro, e por vez primeira, a Asociación Sociocultural de Minusválidos. Venres 22 Clinic para tódolos socios. A cargo do profesor Javier Ibarra. Sábado 23 7º Torneo de Golf ‘Cidade de Narón’. Modalidade individual, 18 buratos Medal Play. Dous categorías: socios e non socios. Entregaranse premios ó: Gañador Scrach, Xogador Xeral, e tres primeiros clasificados de cada categoría. Domingo 24 Torneo infantil, en horario de mañá. Dirixido a nenos/as de 5 a 15 anos de idade, membros da Escola de Golf Infantil de Campomar. Luns 25 Torneo de xogadores noveis. Dirixido a tódalas persoas que están iniciándose na práctica do golf. Xogaranse 9 buratos, nunha única categoría
www.naron.es