Concello de Narón
Novas
I CAMPIONATO GALEGO DE PIRAGÜISMO NAS CATEGORÍAS DE ALEVÍN E BENXAMÍN
Se celebra no paseo marítimo de Xuvia, o vindeiro 30 de xullo, coa participación aproximada de 500 palistas de toda Galicia.
Narón, 20 de Xullo de 2011.- O Paseo Marítimo de Xuvia acollerá a tarde do sábado 30 de xullo (en horario de 16 a 20 horas) o I Campionato Galego de Piragüismo para alevíns e benxamíns, organizado polo Club de Piragüismo de Narón en colaboración co Padroado de Deportes. A competición foi presentada hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e o presidente do Club de Piragüismo de Narón, Antonio Castro. A responsable municipal animou a tódala cidadanía a presenciar este campionato, que consiste en percorrer unha distancia de 1.500 metros e que se poderá ver ó longo do paseo marítimo de Xuvia. Pola súa banda, o presidente do Club, Antonio Castro, explicou que está prevista a participación aproximada de 500 palistas en ambas categorías, procedentes de diferentes puntos de Galicia (principalmente de Pontevedra, e tamén de Narón -18-, Pontevedra, Miño, As Pontes, Betanzos, A Coruña). Todos eles recibirán ó finalizar a proba un obsequio conmemorativo desta competición, que a organización agarda consolidar en edicións futuras e incluso chegar a otorgarlle categoría nacional. O orzamento total do I Campionato Galego de Piragüismo é de 5.000 euros. O prazo de inscripción finaliza o vindeiro domingo 24 de xullo.
www.naron.es