Concello de Narón
Novas
ÚLTIMOS DÍAS PARA APUNTARSE NA ANDAINA A SAN ANDRÉS A TRAVÉS DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS"
A camiñata ao santuario cedeirés realizarase en dúas xornadas o 8 e o 15 de xuño
Narón, 3 de maio de 2025. As dúas últimas andainas do programa municipal Ponte en ruta con nós desenvolverasne os días 8 e 15 deste mes. As persoas que acudan terán a oportunidade de realizar a pé o camiño a Santo Andrés de Teixido, programado en dúas etapas que se corresponden coas citadas xornadas e cun prazo de inscrición que remata mañá mércores. A primeira etapa, este domingo, será entre o mosteiro do Couto (Narón) e Porto do Cabo (Valdoviño), A segunda das etapas, o día 15, será con saída en bus dende A Gándara ata Porto do Cabo, punto de saída para continuar camiñando ata o santuario cedeirés para regresar de novo en bus ao pavillón da Gándara. As persoas que participen deberán estar no punto de saída 20 minutos antes, por cuestións de organización. As inscricións, cun custe de 5 euros por persoa, tramítanse nas oficinas do Padroado de Deportes de Narón, no número 148 da estrada da Gándara, en horario de 8:30 a 13:00 horas no prazo establecido para cada unha das saídas. Así mesmo, dende o Concello informouse que o número de prazas está limitado a 150 e que os menores de 18 anos deben ir acompañados de pai/nai ou titor/a. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 387 522. O número de prazas está limitado a 150 persoas por andaina e que os menores de 18 anos deben ir acompañados de pai/nai ou titor/a. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 387 522.
www.naron.es