Concello de Narón
Novas
O CONCELLO PROGRAMA SESIÓNS DE IOGA NO PARQUE DE FREIXEIRO E NO PASEO DE XUVIA OS MESES DE XULLO E AGOSTO
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recordou que o prazo de preinscrición se abrirá do 16 ao 20 deste mes
Narón, 13 de xuño de 2025. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, informou que dende o Padroado de Deportes se convocarán de novo este verán sesións de ioga ao aire libre, concretamente no parque de Freixeiro e no paseo de Xuvia. “Trátase dunha actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos e na que haberá un máximo de quince usuarios/as por quenda e terán que inscribirse un mínimo de sete persoas por quenda”, indicou. As sesións programáronse de luns a xoves. No caso do parque de Xuvia as sesións serán os luns e mércores de 10:00 a 11:00 e de 11:00 a 12:00 e no do parque de Freixeiro serán os martes e xoves neses mesmos horarios. O prezo é o establecido na pertinente taxa, regulada pola ordenanza municipal correspondente, de 13,05 euros por persoa ao mes. As persoas que desexen acudir deben aportar o seu propio material: colchoneta, esterilla, toalla. As preinscicións poderán realizarse do 16 ao 20 deste mes chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 2503 e 2505), en horario de 8.30 a 13.00.
www.naron.es