O PAVILLON DA MOCIDADE ACOLLERÁ OS DÍAS 28 E 29 DE XUÑO O OPEN CONCELLO DE NARÓN DE BOCCIA
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento xunto con Gonzalo Sueiras, integrante da ASCM
Narón, 19 de xuño de 2025. O pavillón da Mocidade, na Gándara, acollerá os días 28 e 29 deste mes o Open Concello de Narón de Boccia. O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento xunto con Gonzalo Sueiras, integrante da ASCM e un dos participantes neste evento. ga, tal e como indicaron, comezará na xornada deste venres en Vigo e terá continuidade esta fin de semana na cidade. O Concello e a Asociación Sociocultural ASCM organizan a convocatoria, na que colabora a Federación Galega de Deporte Adaptado colabora neste evento.
O sábado disputarase o evento dende as 9:30 pola mañá e tamén pola tarde, a partir das 16:00 ghoras, xogando as categorías BC3 e BC 5 e o domingo os partidos darán comezo ás 9:30 e rematarán ao mediodía. Dende a ASCM avanzaron que se trata dun deporte “moi especial que continuamos potenciando” e indicaron que arbitrarán o Open árbitros a nivel nacional.
Pola súa banda, o edil de Deportes destacou o traballo desenvolvido dende a ASCM, entre outros, para fomentar a práctica deste deporte, do que o pasado ano a cidade acolleu unha liga autonómica. O edil incidiu na importancia “de seguir apostando e loitando pola plena inclusión na sociedade de todas as persoas que teñen algún tipo de discapacidade e dende o Concello contarán con todo o noso apoio e implicación para seguir avanzando cara a este obxectivo”.