Concello de Narón
Novas
A ALCALDESA RECIBIU AO EQUIPO ALEVÍN DO CLUB BALONMÁN NARÓN TRAS GAÑAR A LIGA DE PRATA AUTONÓMICA
Marián Ferreiro e o edil de Deportes, Ibán Santalla, conversaron no salón de plenos cos menores e con Alejandro Basoa e María Torrente, vicepresidente e secretaria do Club Balonmán Narón
Narón, 17 de xuño de 2025. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recibiron este mediodía no Concello a o equipo alevín Error Ferrol-Balonmano Narón, que se proclamou recentemente campión da Liga plata autonómica de balonmán. Alejandro Basoa e María Torrente, presidente e secretaria, respectivamente, do Club Balonmán Narón, acompañaron aos nenos e nenas que conversaron con Ferreiro e Santalla no salón de plenos. Os integrantes do equipo contaron a súa experiencia nesta Liga e tamén amosaron a súa ilusión pola participación, do 3 ao 6 de xullo, nun torneo internacional de balonmán que se celebrará en Oporto. Dende o club local destacaron o labor dos adestradores dos alevíns, Daniel Lamas e Paula Foz, e tamén a progresión que tivo o equipo nos últimos meses. Pola súa banda, a alcaldesa e o edil de Deportes, felicitaron aos integrantes do equipo polos resultados acadados e desexáronlle moita sorte ao equipo na competición internacional. Así mesmo, conversaron cos representantes da directiva do club, que mudou recentemente, e destacaron tamén o labor que desenvolve ao longo do ano na promoción do deporte e a súa traxectoria.
www.naron.es