Concello de Narón
Novas
JOSÉ BELDA GAÑA A PRIMEIRA ETAPA DA X VOLTA CICLISTA A GALICIA
Disputouse o venres 16 de setembro, con saída e chegada na rúa Cataluña.
Narón, 19 de Setembro de 2011.- A primeira etapa da X Volta Ciclista a Galicia disputouse o venres 16 de setembro en Narón, con saída e meta no mesmo punto (rúa Cataluña, frente ó Centro Comercial e de Ocio ‘Dolce Vita Odeón’). O valencián José Belda (do equipo Guerola Valencia) foi o gañador absoluto desta etapa, e tamén da X Volta Ciclista a Galicia, que se celebrou os días 16, 17 e 18 de setembro. Narón acolleu a primeira proba desta competición, unha etapa cun percorrido total de 147 kilómetros, que os ciclistas realizaron nun circuito entre Narón e Valdoviño, pasando polos seguintes puntos: Narón (saída do polígono de A Gándara ata estrada de Castela, continuando pola estrada de Cedeira en dirección a Valdoviño), A Carreira (percorrido recto en dirección a Valdoviño pola estrada de Cedeira, AC-566), Aviño (percorrido recto en dirección a Xubia pola CP-5404), A Gándara (mesmo percorrido que o anterior), e Xubia( xiro de 90º collendo a dereita, en dirección a Ferrol pola Estrada de Castela). A meta volante estivo situada na antiga Casa Consistorial de Xuvia. Na quinta volta ó circuito houbo unha desviación a Pedroso, para enfiar o Alto Pereiruga, un porto de montaña de 2ª categoría e tres kilómetros de lonxitude. A etapa continuou por O Carballo, A Gándara e Xuvia ata chegar á meta, na rúa Cataluña. A X Volta Ciclista a Galicia foi presentada a pasada semana en rolda de prensa polo Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón, e o director técnico da Volta, Guillermo Sande. Contou coa participación de ciclistas das categorías de Élite e Sub 23 procedentes de toda Galicia, resto de España, Portugal e Arxentina. En total, a X Volta Ciclista a Galicia transcurríu en tres etapas: 1ª etapa: Narón-Narón (147 kms.) 2ª etapa: Camariñas-Carballo (137 kms.) 3ª etapa: Cuntis-Cuntis (115 kms.) Para garantizar a seguridade e a coordinación desta primeira etapa en Narón, traballou un dispositivo de máis de 50 persoas (entre Policía e Protección Civil), ademáis dun número similar de voluntarios. O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, agradeceu a colaboración de tódalas persoas implicadas nesta proba deportiva, na que tamén colaboraron 17 empresas locais patrocinando o evento.
Más fotos de la noticia
Descarga de archivos
O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, entregou o maillot ó gañador da etapa, José Belda
Tamaño:39,23 KB
A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, co gañador da Volta, José Belda
Tamaño:48,54 KB
Tamaño:39,23 KB
www.naron.es