ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NAS SESIÓNS DE IOGA NO PARQUE DE FREIXEIRO E NO PASEO DE XUVIA PROGRAMADAS PARA O MES DE AGOSTO
O edil de Deportes, Ibán Santalla, recordou que para anotarse é preciso contactar co pavillón polideportivo da Gándara
Narón, 15 de xullo de 2025. As persoas que desexen acudir ás sesións de ioga programadas polo Concello no paseo de Xuvia e no parque de Freixero durante o mes de agosto están aínda a tempo de anotarse. Así o recordou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, indicando que no paseo de Xuvia as sesións serán os luns e mércores de 10:00 a 11:00 e de 11:00 a 12:00 e no parque de Freixeiro os martes e xoves neses mesmos horarios.
As persoas que desexen acudir deben aportar o seu propio material: colchoneta, esterilla, toalla. O prezo por persoa e mes é o establecido na pertinente taxa, regulada pola ordenanza municipal correspondente, de 13,05 euros.
Para anotarse na actividade pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 2503 e 2505), en horario de 8.30 a 13.00.