Concello de Narón
Novas
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O XXXI TORNEO CIDADE DE NARÓN DE BALONMÁN
O pavillón Campo da Serra acollerá este sábado, día 30, a trixésimo primeira edición do Torneo Cidade de Narón de balonmán, en horario de mañá e tarde. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento acompañado por Alejandro Basoa e César de Castro, presidente e vicepresidente do Clube Balonmán Narón que coorganiza o evento co Concello, así como de Emilia de Castro e César de Castro xogadores do mesmo.
Na xornada de mañá, entre as 10:30 e as 14 horas, terán lugar os partidos da categoría infantil, nos que competirán ademáis do Narón, o OAR, o Viveiro e o Eume. Pola tarde, entre as 16:15 e as 19:15 horas, será o turno da categoría cadete na que participarán o clube anfitrión xunto co OAR e o Viveiro. Como colofón a esta xornada, ás 20:15 horas terá lugar o 1º Encontro de copa da categoría sénior no que se enfrontarán o Balonmán Narón e o Balonmán As Pontes. O edil de Deportes valorou o feito de que un ano máis se dispute este torneo que xa en clásico da cidade, poñendo en valor o traballo realizado dende o Club Balonmán Narón e animando á cidadanía a acudir ao evento para apoiar aos deportistas que participarán no mesmo.
www.naron.es