Concello de Narón
Novas
O PADROADO DE DEPORTES ABRIRÁ A VINDEIRA SEMANA O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
As inscricións deben tramitarse a través das oficinas do complexo polideportivo municipal da Gándara, tal e como indicou o edil de Deportes, Ibán Santalla
Narón, 4 de setembro de 2025. O prazo de inscrición nas actividades das Escolas deportivas do Padroado de Deportes para o curso 2025-2026 abrirase o vindeiro 10 de setembro e ata o día 30 deste mes para os usuarios e usuarias que non teñan reserva de praza. No caso das veciñas e veciños de Narón posuidores do bono familiar as matriculas abrirán o día 10, se ben para as veciñas e veciños doutros concellos será a partir do vindeiro 22 de setembro. A tramitación das inscricións debe realizarse nas oficinas do complexo polideportivo municipal da Gándara, en horario de 8:30 a 13:00. As persoas interesadas en participar nas actividades das Escolas deportivas ubicadas no complexo polideportivo municipal da Gándara e na piscina poden darse de alta en: natación, ximnasia de mantemento, ioga, pilates e musculación. No caso das escolas deportivas exteriores, poderán facelo en: tenis de mesa, remo e xadrez. As actividades comezarán a impartirse, en todas estas modalidades, o día 1 de outubro, tal e como avanzou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla. As inscricións nas actividades conveniadas con outros clubs: atletismo, balonmán, tiro con arco, fútbol, fútbol sala, baloncesto, piragüismo, golf, kick boxing, voleibol, ximnasia rítmica, patinaxe artística, etc. deben realizarse nos propios clubs, podendo informarse tamén sobre as mesmas nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara.
www.naron.es