A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO LUNS PARA AS SESIÓNS DE NADO LIBRE
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, informou dos novos horarios das instalacións deportivas
Narón, 12 de setembro de 2025. A piscina municipal do complexo polideportivo da Gándara reabrirá as súas portas para as sesións do nado libre a partir do vindeiro luns, 15 de setembro. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, que recordou que se poderá acudir ás instalacións de luns a venres entre as 07:45 e as 14:00 horas e de 15:15 a 16:45 para retomalas sesións de 20:45 a 22:15, durante de 45 minutos. Os sábados permanecerá aberta todo o día, en horario de 8:30 a 10:00 polas mañás e ao mediodía de 13:00 ata as 20:30 e os domingos e festivos abrirá de 8:30 a 20:30 horas.
O edil naronés recordou que a maiores dos horarios habituais, do 15 ao 30 de setembro poderase acudir tamén de luns a venres entre as 10:00 e as 13:00 e polas tardes dende as 17:00 ata as 20:45 horas.