Concello de Narón
Novas
O CONCELLO CONVOCA UNA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA PARA NEN@S DEPORNADAL
Se celebra do 26 ó 30 de decembro de 2011.
Narón, venres 9 de Decembro de 2011.- A Concellería de Deporte de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de presentar o programa de ocio deportivo Depornadal 2011, dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos. Segundo explicou a edil, trátase dunha alternativa de ocio cunha doble vertiente. “Queremos fomentar a práctica do deporte ofrecendo unha alternativa divertida, e saudable ós nenos/as en idade idade escolar, e tamén facilitar a conciliación familiar durante estas datas nas que os nenos teñen vacacións”, declarou Natalia Hermida. Así, o programa municipal Depornadal terá lugar do 26 ó 30 de decembro, no polideportivo de A Gándara, na Casa da Mocidade, no Centro de Padel San Mateo, e na School Padel Center, está dirixida ós empadroados en Narón, e ten carácter gratuito. Durante esa semana, os nenos/as poderán participar na seguinte oferta de actividades deportivas: Futbol Sala, Baloncesto, Natación, Balonmán, Padel, Judo, Tiro con arco, Voleibol, e Tenis de Mesa. O prazo de inscrición para participar en Depornadal 2011 será do 12 ó 20 de decembro, no Complexo Polideportivo da Gándara (de 9:00 a 13:00 horas nas Oficinas, e de 15:15 a 23:00 horas na Conserxería). Os interesados deberán cubrir unha ficha de inscrición que se lles entregará no propio Complexo Polideportivo. Para calqueira consulta relacionada con este programa, poden chamar ó teléfono 981 38 75 22 ou ben por correo electrónico no p.deportes@naron.es Se impartirán dúas actividades deportivas distintas por día, cada unha de 90 minutos de duración.O Concello organizará os grupos e as actividades en función do número de inscritos, e comunicará esta información a través da páxina web do Concello (no enlace Padroado de Deportes) e nos taboleiros de anuncios dos pavillóns municipais. Os requisitos para participar na actividade de natación son saber nadar e traer bañador, chanclas e gorro. Para o resto de actividades tan só precísase traer roupa axeitada para a práctica deportiva (tenis, chandal, etc.).O Concello agradeceu a colaboración dos seguintes clubes deportivos: Club Cidade de Narón, Club Arco Narón, A.D. Nautico Narón, Club Narón Volela, Club Tenis de Mesa Narón, School Padel Center, San Mateo Centro de Padel, e A.D. Santiago Apóstol.
www.naron.es