Concello de Narón
Novas
CURSO DE MONITOR DE NATACIÓN NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE A GÁNDARA
O prazo de preinscrición ábrese o luns 30 de xaneiro de 2012.
Narón, 27 de Xaneiro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a vicepresidenta da Federación Galega de Natación, Ángeles Lorenzo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización dun Curso de Monitor de Natación. O seminario estará organizado pola Federación Galega de Natación (FEGAN) en colaboración co Concello de Narón, e responde á demanda de monitores/as de natación na zona. Servirá tamén para que o alumnado que rematou os cursos de socorrismo nos últimos anos poida contar con este curso de formación, o que lle abriría as portas para acceder ao mercado laboral na especialidade de natación. O prazo de preinscrición para o Curso de Monitor de Natación ábrese o vindeiro luns 30 de xaneiro. A cota de preinscrición e probas de acceso é de 30€ (a citada cantidade ingresarase na conta 0182-6221-65-0201500188, aberta na entidade BBVA a nome da Federación Galega de Natación) e o prezo do curso é de 500€. O alumnado que o remate e supere as probas obterá a titulación de Monitor de Natación expedida pola Federación Española de Natación. O curso realizarase en fins de semana durante os meses de febreiro e marzo de 2012, co seguinte horario: venres de 19:00 a 22:00 horas, sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e domingos de 10:00 a 14:00 horas –clases prácticas-. O profesorado do Curso de Monitor de Natación estará integrado por profesores/as e técnicos/as da Federación Galega de Natación, baixo a dirección do adestrador de natación Amando Guerrero. A duración do mesmo será de 55 horas lectivas de clase, máis 30 horas de prácticas. As horas lectivas distribuiranse en 5 semanas, a unha media aproximada de 9 horas/semana, quedando a semana número 6 para a realización do exame escrito final. Se impartirán as seguintes materias: ensinanza, psicopedagoxía, bases biopatolóxicas, e salvamento acuático. O Concello de Narón colabora co curso cedendo gratuitamente o uso da piscina pública e da sala de xuntas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, para desenvolver as clases prácticas e teóricas, respectivamente. Os destinatarios deste curso son alumnos/as universitarios, estudantes, voluntarios de Protección Civil, socorristas titulados, etc… Para poder realizalo é necesario cubrir como mínimo 20 prazas, tendo preferencia na asignación das mesmas os candidatos empadroados en Narón e por rigorosa orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello. Para poder matricularse, é preciso ter 16 anos cumpridos no momento de formalizar a matrícula, e ter o Graduado en Educación Secundaria (ESO), ademáis de superar as probas de aptitude física (nadar 200 metros libres en menos de 4 minutos, e 25 metros a cada un dos catro estilos de natación). As probas de acceso ó Curso de Monitor de Natación terán lugar o día 11 de febreiro ás 13:00 horas, e o comezo do curso establécese para o 24 de febreiro. Un mes máis tarde, o 24 de marzo finalizará o mesmo, e o exame final (obrigatorio) se realizará os días 30 e 31 de marzo.
www.naron.es