Concello de Narón
Novas
XIII GALA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
Celebrouse no Auditorio da Praza de Galicia o pasado 4 de febreiro.
Narón, 6 de febreiro de 2012.- A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno celebrou o pasado día 4 de febreiro a XIII Gala de Triatlón e Pentatlón , na que se homenaxeou ós mellores deportistas do ano 2011, entre eles o naronés Brais Canosa (que aínda que compite co Club Arcade Inforhouse de Santiago, entrena co Club Náutico de Narón). A Gala foi inaugurada polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, que felicitou a tódolos deportistas polo enorme esforzo que supón a práctica profesional dunha disciplina destas características. Entre os presentes, estivo o triatleta Javier Gómez Noya (medalla de bronce no Campionato do Mundo 2011 de tríatlon), Iván Raña e Pilar Hidalgo (ós que se premiou pola sua traxectoria deportiva). Entre os galardoados tamén esttiveron os compoñentes do Cidade de Lugo Fluvial, campións da Superliga tanto na categoría masculina coma feminina. En conxunto, máis de 50 deportistas foron premiados, nas especialidades de Tríatlon e Péntatlon moderno, nas diferentes categorías (dende alevín ata veteráns 3) masculina e feminina. Tamén se recoñeceu ás promesas do tríatlon e do péntatlon, e ós mellores deportistas élite e o mellor club de tríatlon.
www.naron.es