Concello de Narón
Novas
I XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIVO
Se celebran os días 23 e 24 de febreiro no Auditorio Municipal, organizadas pola Mancomunidade de concellos de Ferrolterra.
Narón, 10 de febreiro de 2012.- A Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol organiza os días 23 e 24 de febreiro as I Xornadas de Deporte Adaptado e Inclusivo, nas que se celebrará un foro de deporte e diversidade funcional. Terán lugar no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, en horario de 16:00 a 20:00 horas, e outorogarase diploma de asistencia. Estas xornadas enmárcanse dentro do programa deportivo que desenvolve a Mancomunidade en colaboración coa Deputación da Coruña. Estas xornadas axudarán a que a poboación coñeza máis e mellor os diferentes deportes e actividades físicas adaptadas e inclusivas. Ademáis, permitirán descubrir a realidade do deporte practicado por persoas con diversidade funcional. As xornadas son gratuitas e están dirixidas a toda a poboación. Non é necesaria inscrición previa. Para máis información: www.facebook.com/deporteinclusivoferrolterra, no enderezo de correo electrónico oibarcia@ferrol.es, ou no teléfono 630 561 031.
www.naron.es