Concello de Narón
Novas
I COPA AGILITY COMETA NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Celébrase na tarde do sábado 25 de febreiro, coa participación de medio centenar de cans.
Narón, 23 de Febreiro de 2012.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa a I Copa Benéfica Agility ‘Cometa’ acompañada por membros desta asociación, organizadora do evento, no que colabora o Padroado de Deportes do Concello de Narón. A Copa Agility se celebrará o vindeiro sábado 25 de febreiro no paseo marítimo de Xuvia, e a recadación que se alcance coa venda de rifas destinarase ó refuxio para animais abandonados, que a asociación Cometa está a construir na parroquia de Doso (Narón) e que agárdase que entre en servizo no ano 2013. O programa desta I Copa Benéfica de Agility é o seguinte: 16:00 horas: Exhibición de mushing, na que participarán 18 cans. 16:30 horas: Comezo da competición de Agility (grao 1) 18:00 horas: Sorteo rifa (premio: unha volta no quad cun equipo de 12 cans) 18:15 horas: Comezo da competición de Agility (grao 2) 19:30 horas: Fin da competición 19:45 horas: Sorteo rifa (mesmo premio que o anterior) En total agárdase a participación de 48 cans de diferentes razas (tódalas razas poden participar nesta disciplina, que aínda non está considerada deporte) procedentes de Galicia e Asturias. Ademáis, está prevista a exhibición do equipo de cans de trineo Galizamushing. A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, agradeceu a esta asociación “a súa labor solidaria e desinteresada na defensa dos cans abandonados. É de agradecer enormemente que a xente nova se involucre socialmente na problemática do abandono de animais”, concluíu.
www.naron.es