Concello de Narón
Novas
CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE KÁRATE NO PAVILLÓN DE A GÁNDARA
Se celebra o domingo 4 de marzo, en horario de 10 a 14 horas.
Narón, 2 de marzo de 2012.- O Pavillón Polideportivo Municipal de A Gándara acollerá o domingo 4 de marzo o Campionato Galego Infantil de Kárate, en horario de 10 a 14 horas. Está prevista a participación de un total de 196 competidores, pertencentes a 43 clubes de toda Galicia (15 deles son de Narón e bisbarra). Este evento deportivo está organizado pola Federación Galega de Kárate e Disciplinas Asociadas, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón.
www.naron.es