Concello de Narón
Novas
PRESENTACIÓN DO XI TROFEO DE BAILE DEPORTIVO E DE COMPETICIÓN 'CIDADE DE NARÓN'
Reunirá a 191 parellas de baile no pavillón municipal de A Gándara.
Narón, 30 de Marzo de 2012.- O XI Trofeo de Baile Deportivo e de Competición ‘Cidade de Narón’ celébrase este domingo, día 1 de abril, no Pavillón Polideportivo de A Gándara a partires das 12:30 horas. As entradas sairán á venda unha hora antes do comenzo do torneo, ó prezo de 6€ (para maiores de 14 anos) e 3€ (para menores desa idade). Está prevista a participación de 191 parellas de baile, que competirán nalgunha das cinco categorías establecidas: latinos, standard, iniciación latinos, ranking autonómico e ranking nacional, e open aberto. O xurado que os valorará estará composto por 5 xuices (3 xuices nacionais, e dous xuices estranxeiros –de Portugal e de Italia-). Esta é a edición na que máis parellas de baile téñense inscrito, o que avala a proxección e a categoría deste trofeo, no que tamén participa a Escola Municipal de Baile de Salón que é a máis numerosa de Galicia en número de alumnos/as, con preto de 350 persoas). A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, felicitou ós organizadores deste evento, dirixido polos profesores de baile Román Romero e Sandra García, e tamén destacou o nivel que ten acadado a Escola Municipal de Baile, o que se reflexa “no incremento do número de alumnos, que vei crecendo ano a a ano”; declarou.
www.naron.es