Concello de Narón
Novas
XORNADA DE FUTBOL SALA DA LIGA DEPORTIVA PROVINCIAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL
Perto de 100 persoas procedentes de sete clubes e asociacións da provincia daranse cita no Pavillón de As Lagoas.
Narón, 30 de Marzo de 2012.- O Pavillón Municipal de A Gándara acolle mañá sábado 31 de marzo (de 10:00 a 16:00 horas) unha Xornada de Fútbol Sala da Liga Deportiva Provincial para persoas con discapacidade intelectual, na que participarán perto de 100 persoas (entre deportistas, adestradores e voluntarios) procedentes de 7 clubes e asociacións da provincia de A Coruña. A relación de entidades participantes é a seguinte: Apader (Cedeira), Aspronaga (A Coruña), Aspadex (Cee), Aspanaes (As Pontes), Amipa (Padrón), Adcor (A Coruña), e a Asociación Nosa Señora de Chamorro (Narón). O sistema de competición se organizará en tres niveis de capacidade, adaptando así o deporte ó nivel dos usuarios. Son os seguintes: Nivel 1 (bo nivel de xogo): os xogadores teñen pleno coñecemento das regras do xogo, do sentido do xogo en equipo e a técnica individual é boa. Nivel 2 (intermedio): os xogadores coñecen as regras de xogo, o sentido do xogo en equipo e a técnica individual é aceptable. Nivel 3 (inicial): os xogadores coñecen lixeiramente ou non coñecen as regras de xogo, teñen pouca noción do xogo en equipo e a técnica individual é baixa. Esta distribución por niveis ten o obxectivo de adaptar o deporte ás características das persoas que o practican, para que as que o desexen teñan a oportunidade de realizar deporte e competir en igualdade de oportunidade que o seu adversario. A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, destacou a importancia da práctica deportiva para as persoas con discapacidade intelectual, que coma calqueira outro cidadán, son persoas con dereitos e valores que teñen que exercer e practicar. A edila felicitou tamén á entidade Nosa Señora de Chamorro, con sede en Narón, polo traballo de atención a persoas con discapacidade intelectual da comarca de Ferrolterra. Hermida resaltou os valores desta entidade, destacada pola súa calidade, profesionalidade, respecto á persoa, sensibilidade e cercanía, confianza, transparencia e compromiso.
www.naron.es